Xogos vida

Xogos vida

Xogos vida

A millas e millas de distancia
nalgures da terra,
baixo un sol ardente,
no que foron caudais de rio,
agora po e area,
día a día,
un neno, unha nena,
milleiros deles
xogan os seus xogos vida…

“Esta cuncha será barca,
calquera pau vello, espada…
até onde podas ver
os sete mares de aventura…
Eu serei pirata,
ti raíña,
construiremos novos fogares
un novo mundo enteiro”

“Fuxamos…
A unha nova terra,
modo supervivencia…
De nenos salvaxes e ceibes…”

“Esta cuncha será barca,
calquera pau vello, espada…
Até onde podas ver
os sete mares de aventura…

Eu serei pirata,
ti raíña,
construiremos novos fogares
Un novo mundo enteiro”

Baixo un ceo urbano
de natureza engaiolada,
paredes de formigón,
vidas programadas
de fluxos manufacturados…

A millas e millas de distancia
nalgures da terra,
Baixo un sol ardente,
no que foron caudais de rio,
agora po e area,
noite a noite,
día a día,
un neno, unha nena,
milleiros deles
xogan os seus xogos vida…

Constrúen os seus fogares…
Novos mundos enteiros…

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s