As bágoas de Elsa

IMG_9786

 

Sucedeu na praciña do olvido
entre poetas e trobadores…

Sucedeu nunha tarde de Agosto
contra as paredes…camiño do ceo…

Sucedeu
que novos versos
e silencios de respecto
encheron espazos
como lousas do camposanto…

Sucedeu
entre mozos e vellos…
Cando as bágoas de Elsa
escorregaron ata os seus beizos…

Mártires dun tempo
que nunca lle pertenceron…

Sucedeu
Coma recordos dunha infancia,
xuventude…
Dun sorriso
rodeado de sonos de nenos…
Que ós seus pés
bicabanlle o chan…
Buscando pesos
doutros perdidos…
Esquecidos…

Recordos dun sorriso…
que viu medrar…
dende cubalibres de peseta
tebeos, contos…
Ata pitillos soltos,
paquetes de tabaco
en días de festa…

Mártir tras Mártir
pobo tras pobo
Qué son 50 nomes…?

Que son…
Estraño tras estraño…
En tempos que foron…
que non coñeceron?

Galiza Mártir en tempos de loita…

Morto tras morto…
Pai,
fillo,
irmán,
avó…
Aquela tarde dos nomes
de tempo pasado…
Polo vidro das fiestras
esvarou un coñecido…

Recordos dun sorriso…
Que agochou ata entón
ás bágoas de Elsa…

Sucedeu nunha tarde de Agosto
Na praciña do olvido…
Entre poetas e trobadores…
Contra as paredes…camiño do ceo…

Xoanxo2016


Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s